|
Novas territoriais (no menú esquerdo podes filtrar)
|
Venres, 14 Setembro 2012 08:51 |
|
A Xunta de Galiza está a poñer en risco as vidas humáns dos seus traballadores/as e ao do monte galego. O xoves, 13 de setembro, tres traballadores do SPDCIF sufriron a descarga de auga dunha aeronave nunha das zonas perimetrais do incendio forestal.
Vemos coma cada pouco tempo están a producirse accidentes laboráis no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galiza, e o máis preocupante para a CIG, é que a propia administración, a Xunta de Galiza, neste caso a Conselleria do Medio Rural e do Mar, non establece os criterios de seguridade que lles esixen as leis, desta maneira os traballadores e traballadoras do SPDCIF estánse a xogar as súas vidas día tras día. |
|
Ler máis...
|
|
Venres, 14 Setembro 2012 08:02 |
|
O xoves 13 de setembro, o persoal funcionario e laboral da Xunta concentrouse entre as 11 e as 12 horas en moitas cidades e vilas do País. As traballadoras e traballadores berráronlle a Feijóo que non están de acordo coa supresión da paga extra, coa eliminación de días de asuntos propios, coa penalización das baixas do persoal traballador, coas amortizacións de prazas e co desmantelamento dos Servizos Públicos en xeral.
As consignas que se berraron, entre outras, foron “Non faltan cartos, sobran ladróns”, “O Público é Servizo, o privado beneficio”, “A Xunta de Galiza, recorta e privatiza”, “O noso diñeiro, vai para os banqueiros”, entre outras. |
|
Ler máis...
|
|
Venres, 07 Setembro 2012 09:11 |
|
Nun breve comunicado emitido hoxe, a Axencia de Modernización Tecnolóxica Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galiza infórmanos de que o persoal de servizos informáticos ao servizo desta axencia comenzará a trasladarse á Cidade da Cultura, a partires do 10 de setembro nunha primeira fase que durará unhas dúas semanas. Desta volta e ao contrario do que sucedeu co cambio de dependencia a Axencia parece ser que terá o detalle de informar individualmente a cada traballador ou traballadora do seu traslado físico. Recordamos que a CIG-Autonómica xa denunciara en meses pasados a desastrosa organización dos recursos humanos e a falta de información ao persoal do proceso integrador. |
|
Ler máis...
|
|
Venres, 10 Agosto 2012 12:26 |
|
Na seguinte ligazón pódese acceder ao vídeo da concentración contra os recortes o venres 10 de agosto de 2012 en Lugo: Vídeo (YouTube): http://youtu.be/F3L7lID4ktU
|
|
Venres, 10 Agosto 2012 08:22 |
|
O xoves 09/08/2012 preto das 11:30 h, a CIG foi convocada a través do Comité de Empresa de Lugo da Consellería do Medio Rural a unha reunión informativa coa Administración ás 12:30 horas
Aos/ás presentes na reunión (as 4 centrais sindicais representadas no comité) informásenos da aplicación total da lei 1/2012: |
|
Ler máis...
|
|
Martes, 31 Xullo 2012 13:26 |
|
Apesar de que no mes de agosto moitos compañeiros e compañeiras estarán de vacacións, seguimos coas mobilizacións contra a agresión aos dereitos sociais e aos servizos públicos por parte do Goberno.
Na Coruña, haberá concentracións diante da Delegación do Goberno, na Praza de Ourense os día 3 e 10 de agosto ás 12:00 h coincidindo coa reunión do Consello de Ministros.
NON AO SAQUEO DO POBO. HAI QUE IMPEDIR QUE NOS ARRUÍNEN |
|
Ler máis...
|
|
Martes, 24 Xullo 2012 07:55 |
|
O luns, 23 de xullo, Mariano Rajoy fixo unha visita sorpresa por San Caetano para tranquilizar os ánimos das traballadoras e traballadores públicos e recordar que "todo esto é polo ben de España" e que "hai que facer o que hai que facer".
Na súa apretada axenda polos xogos olímpicos de Londres, o presidente do Goberno decidiu acudir a apagar o lume dun dos focos quentes das protestas na Xunta de Galiza. Mariano Rajoy aproveitou para anunicar o seu novo paquete de medidas traído directamente do F.M.I. A visita discurriu con total normalidade e non houbo que lamentar incidentes. O presidente agradeceu a comprensividade do persoal da Administración autonómica, se ben recordou que lle "da o mesmo traballo quitar unha que dous e dous que catorce". |
|
Ler máis...
|
|
Luns, 23 Xullo 2012 09:52 |
|
Con relación ás propostas que sairon das asembleas celebradas o pasado 12 de xullo, a Xunta de Persoal e Comité de Empresa de Servizos Centrais da Xunta de Galiza adoptaron os seguintes acordos para aplicar de xeito inmediato:
|
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 19 Xullo 2012 17:57 |
|

O xoves, 19 de xullo, medio milleiro de traballadores e traballadores públicos concentráronse en San Caetano en protesta polos recortes do RDL 20/2012, uns recortes que unen a toda a cidadanía para loitar contra o saqueo de Rajoy. A convocatoria do acto decía que "cando os dereitos se perden e as institucións vixentes non serven para defendelos, non queda outra alternativa que gañalos de novo nas rúas". E ese día en San Caetano tomouse a rúa. |
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 11 Xullo 2012 08:00 |
|
Desde a CIG nos están a chegar diversas queixas sobre algunhas cuestións que se están a formular con respecto a algunhas condicións de atención dos nenos e nenas usuarios da gardería de Vite. Cómpre recordar que esta gardería ten un número de prazas reservadas para fillas e fillos do persoal da Xunta de Galiza dos Servizos Centrais.
Nomeadamente, entre outras cuestións, estase a contemplar a eliminación do almorzo para os nenos e nenas por razóns de igualar esta gardería coas condicións do resto de gardarías públicas. Entendemos que se se trata de igualar condicións, deberíase de facer tratando de ampliar as mellores condicións e non de mingualas ou perdelas, como é o caso actual. |
|
Ler máis...
|
|
Martes, 10 Xullo 2012 12:37 |
|
A Comisión Permanente, en convocatoria urxente celebrada o 9 de xullo manifesta o seu máis profundo REXEITAMENTO ao conxunto das REFORMAS de RECORTES adicionais que o Goberno do Estado español está barallando para aprobar no Consello de Ministros neste vindeiro “venres de dolores” e que se prevé afecten gravemente a toda a cidadanía e moi especialmente ás empregadas e empregados públicos.
Medidas como despedimentos ou cesamentos no persoal das Administracións ou recortes salariais van implicar unha diminución na prestación de servizos públicos, un novo golpe ás empregadas e empregados públicos e un afondamento na situación de crise ao aumentar as taxas de paro e provocar o descenso no consumo. |
|
Ler máis...
|
|
Martes, 10 Xullo 2012 12:30 |
|
O mércores, 27 de xuño, a Xunta de Persoal dos servizos centrais celebrou un pleno ordinario, do que informamos dos principais acordos: Remitirlle ás distintas consellerías un escrito solicitando información sobre os empregados públicos que percibiron nos últimos catro anos complementos salariais por servizos prestados fora da xornada de traballo, no que se fagan constar os datos do perceptor, posto que ocupa, cantidades percibidas, nº de horas realizadas e xustificación destas. En relación co programa KRONOS e logo das reunións mantidas coa administración para falar dos problemas que se están dando, instamos a todos os traballadores e traballadoras que xa o esten utilizando a que nos fagan chegar as súas incidencias con esta aplicación remitíndonos un correo á seguinte conta:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
, co obxecto de ter unha idea da dimensión real dos problemas e axudar en buscarlle solucións.
|
|
Ler máis...
|
|
Venres, 06 Xullo 2012 08:49 |
|
O xoves, 5 de xullo, o Comité de Traballo e Benestar da Coruña levou a cabo un acto de protesta simbólico na Xefatura Territorial pola prohibición da Xunta de Galicia a que o persoal laboral teña unha reducción de xornada ao igual que a ten o persoal funcionario.
Cómpre recordar que das instrucción do horario de verán 2012 queda excluído o persoal que traballa baixo o réxime de quendas ou horaio especial; este é o caso do persoal laboral, entre outros, da Consellaría de Traballo e Benestar. Ante isto, o Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña decidiu levar a cabo unha protesta simbólica polo que supón ao redor de 100h máis de traballo ao ano. Xa durante a súa negociación, a CIG solicitou que a aplicación deste tipo de instrucións fose universal para todo o persoal da Xunta e, de non ser posíbel, que se establecese algún tipo de compensación.
|
|
Venres, 06 Xullo 2012 08:11 |
|
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas fixo unha convocatoria pública para a contratación temporal pola modalidade de intirinidade dun (1) técnico/a ambiental (grupo II, categoría 41) no Servizo de Conservación da Natureza da Xefatura Territorial desta Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Lugo. O prazo para presentar solicitudes comezará o 5 de xullo de 2012 e rematará o 11 de xullo de 2012. Descargar o anuncio da Oferta Pública de Emprego
|
|
Xoves, 05 Xullo 2012 13:18 |
|
A Xunta de Persoal dos Servizos Periféricos da Xunta de Galicia en Lugo, reunida hoxe en Comisión Permanente, acordou por unanimidade facer o presente comunicado en relación aos feitos acontecidos no edificio administrativo o día 3 de xullo.
Na tarde do martes 3 de xullo produciuse un incendio no baixo 2 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, e a día de hoxe os representantes dos traballadores e traballadoras aínda non fomos informados do acontecido. |
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 05 Xullo 2012 12:07 |
|
A CIG denunciu onte día 3 de xuño ante a Inspección de Traballo que a Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza contratou de xeito irregular o servizo de limpeza no Edificio Xudicial de Ourense. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza contratou a empresa de limpeza Linorsa no Edificio Xudicial de Ourense para cubrir a praza dun posto de traballo catalogado como tal na Relación de Postos de Traballo (RPT) da propia Consellería. A maiores disto, é un completo fraude para os milleiros de persoas que se apuntaron nunha lista de substitución para traballar en contratos pequenos, pagando unhas taxas de 16,98€ e que agora se atopan con que non poden traballar polo capricho de un señor, o Xefe Territorial da Consellaría de Traballo que, non sabemos que escuros intereses pode ter para sempre beneficiar as empresas privadas, en vez de cumprir a lei e contratar polos medios legalmente establecidos. |
|
Ler máis...
|
|
Luns, 02 Xullo 2012 09:59 |
|
O xoves, 28 de xuño, tivo lugar unha reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral do edificio administrativo de Pontevedra, no que se trataron, entre outros, os seguintes temas: Medidas correctoras no sistema de climatización do edificio Portas RF das plantas do garaxe Esbaróns dalgunhas zonas do pavimento do edificio
|
|
Ler máis...
|
|
Martes, 19 Xuño 2012 11:19 |
|
A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais, reunida en Comisión Permanente, acordou apoiar á mobilización do día 21 de xuño convocada polo Comité Intercentros para facer unha cadea humana a redor de San Caetano como protesta contra os recortes na Xunta de Galiza. Do mesmo xeito, ofreceu a súa colaboración a este comité para traballar no éxito da súa realización.
A Xunta de Persoal, no seu comunicado, fai un chamamento ao persoal funcionario de servizos centrais para que participe neste acto de protesta que consistirá na constitución dunha cadea humana que arrodeará San Caetano, entre as 10,30 e ata as 12,00 horas. A protesta coincidirá coa celebración no Tribunal Superior de Xustiza do xuízo de conflito colectivo contra a aplicación da Lei de medidas no emprego público. |
|
Ler máis...
|
|
Venres, 15 Xuño 2012 17:02 |
|
O Comité de empresa rexeita a amortización de postos, o recorte de dereitos e o progresivo desmantelamento das instalacións e os servizos públicos. Dentro da campaña "Polo futuro dos centros de Traballo e Benestar", o comité de empresa da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo realizou unha volta á Muralla de Lugo o venres, 15 de xuño, na que participaron arredor de 200 persoas. O percorrido, que se iniciou por volta das 10:30 horas da mañá, partiu desde o edificio administrativo da Xunta, dirección á Porta da Estación, Porta de San Pedro, continuando pola ronda até rematar de novo no edificio da Xunta. |
|
Ler máis...
|
|
Luns, 11 Xuño 2012 13:02 |
|
O pasado 11 de xuño de 2012, en rolda de prensa, o Comité de Empresa de Traballo e Benestar denunciou a privatización de prazas nas residencias de maiores da Porta do Camiño e Volta do Castro en Compostela. Esta privatización implicará a eliminación de postos de traballo público e o despidimento de varias compañeiras e compañeiros interinos.
O Comité de Empresa denunciou publicamente a contratación de gardas de seguridade para suprir postos de ordenanzas. O seu presidente, José Manuel Viqueira, asegura que a dita externalización suporá un sobrecusto ao erario público xa que as prazas de persoal laboral que amortizan, e que fan as mesmas funcións, NON tiñan tanto custo como vai ter a empresa privada. O comite denuncia ademais que a sobre-explotación dos gardas de seguridade será o beneficio das contratas privadas co que se enriquecen as empresas beneficiadas pola política de privatizacións da conselleira Beatriz Mato e a sua secretaria xeral Cristina Ortiz. |
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 4 de 16 |
|