A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 31 convidados en liña
Novas territoriais (no menú esquerdo podes filtrar)
Volta a muralla en defensa dos nosos centros públicos de Benestar PDF Imprimir Correo-e
Luns, 04 Xuño 2012 08:27

Dentro da campaña "Polo futuro dos centros de Traballo e Benestar", o comité de empresa da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo acordou convocar unha volta á Muralla de Lugo o día 15 de xuño ás 10.30 horas. O percorrido partirá desde o edificio administrativo da Xunta en Lugo e saída dirección á Porta da Estación, Porta de San Pedro, e continuará pola ronda ata rematar de novo no edificio administrativo da Xunta.

Ler máis...
 
Listaxe provisional de admitidos/as e lista de reserva da Escola Infantil 0-3 de Vite PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 31 Maio 2012 17:37

O DOG do 30/04/2012 publicaba a convocatoria de prazas en escolas infantís 0-3 para fillas e fillos do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso 2012/2013. O día 31 de maio reuniuse a comisión de baremación que para o caso da Escola Infantil de Vite, segundo o artigo 8, esta composta por unha persoa representante da Xunta de persoal e unha por parte do comité de empresa do persoal dos servizos centrais da Xunta de Galiza.

Esa comisión resultou só de carácter informativa para as persoas representantes das e dos traballadores públicos:

Ler máis...
 
A Xunta de persoal de SSCC denuncia no Parlamento o abuso das asistencias técnicas PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 Maio 2012 09:03

Representantes da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais acudiron o 29 de maio ao Parlamento para denunciar o abuso das asistencias técnicas ante a nula atención por parte da Xunta de Galiza.

Primeiramente rexistraron un escrito coa denuncia e despois achegáronse polas oficinas dos diferentes grupos parlamentares para solicitar a súa intermediación. Só no caso do PP foi imposible establecer contacto con ningún parlamentar; tanto o PSdG como o BNG confirmaron a súa intención de contactar coa Xunta de Persoal para estudar o tema.

Ler máis...
 
Traballadores das escolas infantís protestan en Compostela polos recortes PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 Maio 2012 12:54

O luns, 28 de maio, continuou a campaña de mobilizacións do Comité de Traballo e Benestar de A Coruña en contra da destrución de 90 postos de traballo previstos pola consellaría nesta provincia así como contra a privatización dos Servizos Públicos Galegos.

As concentracións do Comité de empresa deste día foron na Escola Infantil de Vite (esquerda) e na Escola Infantil "Santa Susana" (dereita) e aos dous actos de protesta sumouse persoal doutros centros.  Desde o comité de empresa aseguran que o 5 de xuño se reunirán para elaborar un novo calendario de mobilizacións no que se barallan protestas como situar unha caravana permanente ata as eleccións autonómicas, ou levar a cabo un «enterro» da consellería dende San Caetano a Monte Pío.

Ler máis...
 
Novas protestas dos traballadores de Benestar en contra dos recortes nas escolas infantís na Coruña PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 Maio 2012 17:17

O xoves, 24 de maio, continuou a campaña permanente do Comité de Traballo e Benestar de A Coruña en contra da destrución de 200 postos de traballo previstos pola consellaría, así como contra a privatización dos Servizos Públicos Galegos, incluídos peches de centros -hoxe mesmo pechou o centro de menores "Soutomaior" de Ferrol-.

As concentracións específicas do Comité de empresa deste día foron na Escola Infantil de Ventorrillo (esquerda) e na Escola Infantil "As Mariñas" (dereita) e aos dous actos de protesta sumouse o persoal que nese momento estaban traballando. Como a política da Consellería consiste nunha permanente destrución do público, este comité tamén permanentemente seguirá loitando a favor dun Sistema Público que, paradoxalmente, está sendo destruído polos organismos públicos da Xunta do Partido Popular.

A estas concentracións seguirán as previstas en Compostela para o vindeiro luns, 28 de maio.
 
Obstrucionismo sindical na Cidade da Cultura "por un retrete" PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 23 Maio 2012 12:25

Os feitos producíronse nunha das habituais visitas sindicais da CIG aos traballadores da consellaría de Cultura. O xefe de seguridade asumiu o obstrucionismo dado que ese día estaba organizada desde a Cidade da Cultura unha acción de protesta e "lle romperon un retrete".

Descoñecemos a veracidade do episodio ou a identidade da persoa que foi á casa do xefe de seguridade a romperlle un retrete. En calquera caso, o episodio de obstucionismo sindical acontecido no mausoleo galego do despilfarro foi de traca e impropio dos tempos actuais.

A sección sindical da CIG en Servizos Centrais presentou por escrito unha queixa tanto ante a directora-xerente da Fundación como ante o secretario de Cultura e o máxime responsable de seguridade, o conselleiro de Presidencia. Solicitamos unha explicación do acontecido, reservándonos o dereito de presentar a correspondente denuncia penal contra o exercicio da liberdade sindical.

Ler máis...
 
Traballadores de Benestar protestan na Coruña polos recortes nas escolas infantís PDF Imprimir Correo-e
Martes, 22 Maio 2012 17:45

O martes, 22 de maio, pola mañana tiveron lugar as dúas concentracións convocadas polo Comité de Traballo e Benestar da Coruña nas Escolas Infantís de Oza e de Elviña. Estas concentracións convocáronse en protesta pola actitude da Consellería de Traballo e Benestar que quere destruír 200 postos de traballo  e favorece a privatización dos Servizos Públicos.

As concentracións de hoxe tiveron unha boa cobertura dos medios, mesmo radio e televisión. A estas concentracións seguirán as previstas para o xoves, 24 de maio.
 
O sorteo dos chourizos do Boletín de maio busca o seu pan PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Maio 2012 08:01

Co Boletín de servizos centrais do mes de maio de 2012 repartimos unha rifa para o sorteo duns ricos chourizos de Lalín en conmemoración do 15M.  Tal e como estabelecen as bases, a persoa posuidora do número que coincida coas tres últimas cifras ONCE do 15 de maio sería obsequiado con estas enxebres viandas.

Unha vez realizado o sorteo,  convidamos ás persoas que teñan como número da contraportada o rematado en 418 a contactar con nós para concertar a entrega dos premios en San Caetano. Estamos tentando contactar con algúns ilustres chourizos para oficializar o acto pero esixen demasiado pan.

Recordamos que se ben, os chourizos enriquécense cada vez máis co paso do tempo, o límite para reclamalos remata o 31 de maio.

 
Comité de benvida da CIG para a conselleira de Paro e Malestar PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Maio 2012 18:59

En defensa dos centros públicos galegos de benestar e en protesta polos recortes efectuados desde esta consellaría.

Unha veintena de delegados e delegadas da CIG recibiron o mércores, 16 de maio, á entrada do consistorio de Oleiros á conselleira Beatriz Mato. Este recibimento á altura dunha conselleira de Traballo e Benestar que só crea Paro e Malestar puxo o contrapunto ao protocolario acto de benvida do concello.

Ler máis...
 
A CIG exixe a dimisión da delegada territorial de Vigo, María José Bravo Bosch PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Maio 2012 13:10

Non é quen de asumir as súas responsabilidades como representante da Administración Autonómica da Xunta de Galiza na comarca de Vigo.

No Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en Vigo estamos a vivir un incremento do número de concentracións, consecuencia dunha maior conflitividade social pola situación de crise laboral de distintos colectivos.

O peche de traballadores e traballadoras do edificio pola Lei de medidas no emprego público (coa conseguinte demonización) ou o peche de 20 sindicalistas do sector naval, foron unhas mínimas expresións de malestar que incitaron á delegada territorial a ordenar pechar distintas portas de acceso e saída do edificio, contrariando as recomendacións do comité de seguridade e saúde do edificio, ou a establecer que o público teña que acceder na porta principal por un carreiro como se fosen gando.

Ler máis...
 
Peches en defensa do futuro dos nosos centros de servizos sociais PDF Imprimir Correo-e
Luns, 07 Maio 2012 21:00

O persoal das residencias de maiores, centros de menores, escolas infantis e demais centros da Consellería de Traballo e Benestar da provincia da Coruña mantén durante todo o luns dia 7 de maio unha xornada de loita pola defensa dos seus postos de traballo e o futuro dos servicios sociais que os levará a ficar pechados até o comezo da quenda de mañá do día 8.

Durante esta xornada reivindicativa desenvolveranse asembleas permanentes cunha extensa orde do día onde se analizan diversos aspectos dos recortes, as privatizacións, o desmantelamento dos servicios públicos e a sangría de despedimentos e amortizacións de postos de persoal laboral (266).

Ler máis...
 
Xornada informativa sobre os efectos da reforma laboral no persoal das Administracións PDF Imprimir Correo-e
Luns, 07 Maio 2012 09:22

A CIG Administración Pública na comarca de Compostela convoca unha actividade formativa sobre os efectos do Real Decreto Lei 3/2012 específicos para o persoal laboral da Administración.

Día: sábado 26 de maio de 2012

Hora: 10:30-13:30 h

Lugar: salón de actos da EGAP (Fontiñas)

Ponente: Héctor López de Castro Ruíz (avogado da asesoría xurídica da CIG)

Ler máis...
 
Conferencia de prensa e nota aos medios polos recortes dos servizos sociais en Ourense PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 Abril 2012 21:42

Unha vez mais Ourense está a ser ninguneada dente a Consellería de Traballo e Benestar, cando en Santiago se acaba de decidir que na Residencia “Nosa Sra. Dos Milagres” de Barbadás hai que reducir 50 prazas para maiores, mermando a capacidade de 130 a 80 prazas.

Ler máis...
 
Día da seguridade laboral PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 Abril 2012 12:06

Con motivo do día internacional da Saúde e Seguridade no traballo dende a CIG queremos insistir, unha vez máis, na falla de actividade preventiva na loita contra os incendios forestais.

Segundo a Lei de prevención e riscos laborais a empresa é responsábel da seguridade das súas traballadoras e traballadores, a actividade da extinción de incendios forestais é un servizo público no que a Xunta de Galicia ten a dirección da actividade. Polo tanto a Xunta ten a obriga de velar pola seguridade das súas traballadoras/es.

Por desgraza, a Xunta declina esa responsabilidade e non se fai cargo dela xa que a avaliación de riscos fíxose por unha denuncia da CIG e, a día de hoxe, falta a aplicación dun plano preventivo para minimizar os riscos e a aplicación de protocolos de actuación.

Ademais diso denunciamos que se está a pór en perigo a vida e a saúde dos traballadores/as co agravante da rebaixa escandalosa da calidade dos equipos de protección individual e o material de traballo que se lle está a repartir á plantilla do SPDCIF ao que hai que sumar a nula cobertura de baixas, xubilacións o que provoca que as cuadrillas do persoal de extinción se vexan mermadas no número de efectivos que acaban poñendo en perigo aos traballadores e traballadoras.

Para denunciar todo o anterior a CIG convoca unha concentración o venres 27 de abril ás 11:00 diante da casa de chocolate de Ourense e estamos a estudar a traslación á fiscalía da información anterior.

 
A Xunta pon en risco ao persoal que traballa no Edificio Administrativo de Lugo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 Abril 2012 10:35

Os días 17 e 25 de xaneiro de 2012 a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social efectuou inspección de maneira conxunta co técnico competente do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo para comprobar as condicións na que se atopaban, en materia de evacuación, seguridade e saúde, os locais situados no baixo 2º.

Ler máis...
 
A Xunta de Persoal de SSCC denuncia irregularidades de contratacións de ATs en Medio Rural PDF Imprimir Correo-e
Martes, 24 Abril 2012 12:50

Ante o traslado ás instalacións do edificio administrativo de San Caetano das asistencias técnicas da Secretaría Xeral do Mar.

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia solicitou aos diferentes departamentos a relación dos servizos contratados con empresas de asistencias técnicas, con indicación do número de traballadores, nome da empresa e importe da contratación, así como si prestan servizos en instalacións propias da empresa ou das Consellerías. Esta solicitude foi motivada polas reiteradas denuncias presentadas aos sindicatos sobre a existencia de persoal destas empresas que prestan os seus servizos nos edificios administrativos e empregan medios técnicos propios da Xunta de Galicia, dándose incluso casos de traballadores de empresas que dispoñen de enderezo de correo electrónico corporativo.

Ler máis...
 
Feijoo, asubiado en Vigo PDF Imprimir Correo-e
Martes, 24 Abril 2012 08:44

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, asistiu en Vigo a un acto de homenaxe a Paz Andrade. Tivo un agarimoso recibimento por parte do persoal empregado/a da administración galega. Había moita máis xente da que se ve, pois estaban acurruchados pola policía.


 
A Xunta de Persoal de SSCC denuncia usos fraudulentos do parque móbil da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Abril 2012 09:28

A Xunta de Persoal de Servizos Centrais da Xunta de Galiza acaba de pór en coñecemento da Secretaría Xeral da Consellaría de Presidencia diversos usos irregulares de vehículos oficiais para uso propio que contradín as instrucións de funcionamento vixentes.

Entre os casos denunciados por este órgano de representación están os dun secretario xeral que utilizan o coche oficial con chofer para ir ao ximnasio e directores xerais que residen a varias rúas de San Caetano pero que os van buscar para ir traballar en coche oficial.

A Xunta de Persoal asegura tamén ter constancia de que hai xefes de servizo que os utilizan para trasladarse dende A Coruña, onde residen, até Compostela onde traballan; vehículos sen rotular que se utilizan para ir levar os nenos á escola, outros vehículos rotulados que aparcados dentro de garaxes particulares e incluso un vehículo co logo da Consellaría de Medio Ambiente ao que se lle engancha un remolque cargado de leña ou de herba para uso particular, por suposto. A Xunta de Persoal asegura que o descaro chega até tal punto que o propio responsable do parque móbil foi visto chegar en coche oficial con chofer ao recinto de San Caetano.

Ler máis...
 
Concentración e rolda de prensa en defensa do futuro dos centros de Traballo e Benestar PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 Abril 2012 15:12

Cartaz concentración residencia do CarballiñoO Comité de Empresa de Traballo e Benestar de Ourense organiza o mércores, 18 de abril, ás 11:30 horas, diante da Residencia do Maior do Carballiño unha concentración acompañados de todas as traballadoras e traballadores que queiran acudir para rexeitar os despedimentos, amortizacións, privatizacións e desmantelamento dos servizos de benestar.

Durante a concentración tamén se realizará unha rolda de prensa por parte dos membros do Comité para denunciar o agresivo ataque aos servizos públicos que se está a perpetrar dende a Xunta de Galiza.

 
O comité de Traballo péchase na Xunta en Vigo contra o desmantelamento dos servizos públicos PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 Abril 2012 14:42

Os empregados/as da Administración galega esixen a retirada da Lei de Medidas e a dimisión dos seus promotores.

O comité de empresa da Consellería de Traballo e Benestar da provincia de Pontevedra mantén dende o mediodía un peche no edificio central da Xunta de Galiza en Vigo para denunciar o progresivo desmantelamento dos servizos públicos por parte dos responsábeis autonómicos. Os empregados/as da Administración galega queren amosar deste xeito a súa oposición á política de peche de centros e despedimento de persoal que está a practicar o Goberno galego do PP co obxectivo de privatizar os servizos públicos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 16
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack