
Tes á túa disposición o novo boletín especial sobre a Lei de Emprego Público que está a preparar Feijoo para poñer a Administración da Xunta de Galiza ao servizo do Partido Popular e os seus intereses partidarios. Podedes descargalo aquí
Podes atopar os seguintes artigos:
O dereito á flexibilización da xornada laboral é unha vella demanda da nosa central sindical que ten como primeira materialización, despois de moito atraso, a Orde achegada pola Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa a comezos do mes de maio.
Porén nesta Orde, a Xunta de Galiza volve a administrar os nosos dereitos ao máis puro estilo discrecional. Mentres na Administración Xeral do Estado (AXE) a flexibilización particular exércese de xeito automático e cun control mensual, aquí comprende unha autorización previa e cun control semanal. Por se fora pouco, establécese [...]
Ler máis...
Nese intre celebrábase ao lado o Consello da Xunta
Coincidindo coa celebración do Consello da Xunta e tras da publicación no DOG da nova RPT pola que se despedía a 59 traballadores e traballadoras da administración pública, as organización sindicais con representación na Mesa Xeral de Emprego Público de Galiza convocaban concentracións diante dos principais edificios administrativos para manifestar a súa oposición ás amortizacións, destrución de emprego e consecuente deterioro dos servizos públicos.
Ler máis...
O Comité Intercentros, e os sindicatos CIG, UGT, CCOO e CSIF, convocamos unha cazolada o xoves 16, ás 11:30 da mañá, en todos os Edificios Administrativos da Xunta. Trae pota, tixola, chifre ou calquer aparello que faga estrondo.
Temos que facer ruído para denunciar a destrución masiva de postos de traballo e conseguintes despedimentos dos nosos compañeiros e compañeiras. Só na última modificación da Relación de Postos da consellaría de Traballo, publicada no DOG do mércores 15 de maio, eliminan 78 postos (que supón despedimentos de persoal indefinido e temporal). Pero é máis que esto: [...]
Ler máis...
No Pleno do Parlamento galego do mércores, 15 de maio, o Presidente da Xunta asegurou que non existen contratos anteriores ao 2003 co seu amigo Marcial Dorado porque “só hai obriga de arquivar os documentos durante 10 anos”.
Feijoo debe descoñecer que ten un grupo de persoal funcionario especializado no eido da arquivística (Corpo Especial de Arquivos) e acude como sempre aos datos que lle subministran os seus Gabinetes de propaganda. Só deste xeito se pode entender que afirme algo que non é certo. Calquera empregado/a público/a da Xunta pode comprobar a existencia de documentación de [...]
A Xunta recua os anos 90 voltando a ofertar os concellos a contratación de parte do dispositivo de reforzo de verán na loita contra os incendios forestais e recupera medidas de antano que resultaron ineficaces e partidistas. Un ano máis, en momentos previos á contratación do reforzo de verán para a loita contra os incendios forestais, a falta de previsión e transparencia fai que a planificación e organización brille pola súa ausencia.
A día de hoxe, o reforzo de brigadas no período de máximo risco para a extinción e prevención de incendios forestais é clave na planificiación e [...]

A Xunta de Galiza publica un vídeo retrógado no seu web sobre o concepto "familia galega" e aproveita para facer pedagoxía dos recortes cos cartos de todas e todos.
A Xunta de Galiza celebra hoxe o día da familia e o goberno galego súmase á declaración deste día como día internacional da familia, a familia auténtica, a que describe con imaxes no seu web corporativo: avoa aforradora, papá, mamá, imaxinamos que casados pola igrexa, evidentemente fillo e filla (ou os que veñan), coa deformidade psíquica ou física que Deus decida no período de xestación, como ten que ser... Imaxinamos que [...]
Ler máis...No DOG do 14/05/72013 publícase a licitación dun contrato de servizos informáticos do Instituto Galego de Vivenda e Solo. No Prego de claúsulas técnicas descubrimos que se trata fundamentalmente de obter os servizos de 4 informáticos/as: 1 xefe/a de proxecto, 1 analista e 2 programadores/as. Na RPT actual do IGVS pode comprobarse que o Servizo de Informática componse actualmente de 5 postos nos que xa existen estes perfís profesionais.
Porén, a Xunta continúa coa súa teima de amortizar postos de persoal informático cando contratos como este demostran que son necesarios. Estas [...]
Ler máis...
Tes á túa disposición o novo boletín especial sobre a Lei de Emprego Público que está a preparar Feijoo para poñer a Administración da Xunta de Galiza ao servizo do Partido Popular e os seus intereses partidarios. Podedes descargalo aquí
Podes atopar os seguintes artigos:

Nunha primeira toma de contacto co director xeral da Función Pública, este puxo en riba da mesa as liñas vermellas para a negociación do anteproxecto de Lei do emprego público de Galiza. Esta primeira toma de contacto foi por separado con cada unha das organizacións sindicais; a CIG reuniuse co director xeral o luns, 13 de maio.
Desde a CIG se lle informa que estando en contra de todos os recortes e restriccións feitas ata a data que é imposible dar o visto bo tal e como está a un texto [...]
Solicitamos que se creen diversas comisions de negociación dentro da Mesa Xeral. Dentro do proceso negocial presentaremos alegacións suplementarias.
A CIG vén de presentar máis de 200 alegacións ao Anteproxecto de Lei do Emprego Público de Galiza. Estamos ante un texto configurado para impulsar o desmantelamento dos servizos públicos e que consolida e avanza nos recortes. Con todo, deseña unha administración totalmente dixital e caciquil, na que se desenvolve a figura do persoal [...]

O Anteproxecto de Lei do Emprego Público de Galiza que vén de presentarnos o PP ten un significado moi grave para os empregados públicos galegos e para a propia natureza da Administración Pública. Supón un retroceso cara modelos de Administración Pública dos anos 50 aderezado con atributos de modernidade. Pero a esencia desta lei é a súa natureza de norma que vai poñer a Administración ao servizo dun partido.
Unha lei que, combinada coa de Orzamentos, a Lei de medidas e outras [...]

A CIG entende que é insuficiente o anuncio de manter a suspensión do pagamento do chamado Plus de Altos Cargos e demanda a súa desaparición definitiva da lexislación para evitar a súa recuperación nun futuro. A Xunta de Galiza mantén este Plus no Anteproxecto de Lei do Emprego Público o que permitiría que se volvera a cobrar no futuro.
Para a nosa central sindical é especialmente grave a preocupación da Xunta pola carreira profesional do persoal directivo e denuncia que virá acompañada de [...]
O vénres 12 de abril achegounos a Dirección Xeral da Función Pública o texto do anteproxecto da Lei do Emprego Público de Galiza. O texto é moi extenso, con 149 páxinas e por tanto require unha leitura serena antes de emitir conclusións. Dispoñemos de 15 días para facer alegacións ao texto (tempo insuficiente para o alcance do texto), así que se queres colaborar podes facer as túas achegas ao correo Este [...]\/a>

| Ven 24 Mai, 11:30. San Caetano. Asemblea. Nova Lei de Emprego Público |